• A UNED Senior abre o prazo de inscrición para as asignaturas que poden cursarse na sede de Sarria. A asignatura de Inglés, impartida pola profesora Sally Danuta Hernández Arias, será os martes de 17 a 19 horas, mentres que a de Patrimonio Histórico, a cargo do profesor Jaime Álvarez Vilariño, será os mércores no mesmo horario. As clases desenvolveranse na Aula CeMIT da Casa da Cultura, do 17 de outubro de 2016 ao 17 de febreiro de 2017.
O prezo é de 45 euros por materia. A matrícula pode formalizarse ata o 18 de outubro (ou ata completar prazas), na OMIX do Concello de Sarria, ou na Asociación de Viúvas de Sarria, presentando o formulario cumplimentado e o resguardo do pago.
Na sede de Monforte, a asignatura que se impartirá é Nutrición y Dietética, os xoves de 17 a 19 horas, cun prezo de matrícula de 50 euros.
A UNED Senior vai destinada a persoas maiores de 55 anos, para ofrecer formación en áreas do seu interese para unha mellor calidade de vida, ao tempo que se favorece a comunicación e a participación co entorno social.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa