Ata o 18 de outubro para matricularse no primeiro semestre da UNED Senior en Sarria e Monforte

• A UNED Senior abre o prazo de inscrición para as asignaturas que poden cursarse na sede de Sarria. A asignatura de Inglés, impartida pola profesora Sally Danuta Hernández Arias, será os martes de 17 a 19 horas, mentres que a de Patrimonio Histórico, a cargo do profesor Jaime Álvarez Vilariño, será os mércores no mesmo horario. As clases desenvolveranse na Aula CeMIT da Casa da Cultura, do 17 de outubro de 2016 ao 17 de febreiro de 2017.
O prezo é de 45 euros por materia. A matrícula pode formalizarse ata o 18 de outubro (ou ata completar prazas), na OMIX do Concello de Sarria, ou na Asociación de Viúvas de Sarria, presentando o formulario cumplimentado e o resguardo do pago.
Na sede de Monforte, a asignatura que se impartirá é Nutrición y Dietética, os xoves de 17 a 19 horas, cun prezo de matrícula de 50 euros.
A UNED Senior vai destinada a persoas maiores de 55 anos, para ofrecer formación en áreas do seu interese para unha mellor calidade de vida, ao tempo que se favorece a comunicación e a participación co entorno social.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exposición colectiva ata o 9 de outubro no Círculo Saviñao

Seguinte Nova

Exposición de Rubén Carral no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

 
A %d blogueros les gusta esto: