A concellería de Xuventude do Concello de Chantada organiza un curso de monitor do tempo libre, con inscrición aberta ata o 26 de setembro. O curso, que será impartido por E.T.L. Aloumiña, está homologado pola Xunta de Galicia, cun total de 350 horas lectivas. As sesións desenvolverase as fins de semana (sábado e domingo), dende o 1 de outubro ata o 5 de decembro, en horario de 9 a 14 horas, e de 16 a 21 horas.
O curso conta cunha fase teórica, de 200 horas lectivas, e outra fase prática, a realizar nun prazo de 2 anos dende o remate da fase teórica e a obtención do apto. A segunda fase consta dun mínimo de 12 días en campamentos, colonias, campos de traballo e similares, en bloques non inferiores a 3 días con pernocta, ou 150 horas de actividade nun proxecto de educación non formal.
Para participar no curso, é preciso ser maior de idade, e estar en posesión, como mínimo, do Graduado Escolar ou equivalente. O prezo da matrícula é de 150 euros. As prazas son limitadas, tendo prioridade os solicitantes empadroados nos concellos de Chantada, Taboada e Carballedo. As inscricións realizaranse na Casa da Cultura de Chantada. Pode obterse máis información no teléfono 982 44 17 52.•