Ata o 30 de setembro para anotarse na Escola Municipal de Teatro de Sober

A Escola Municipal de Teatro de Sober inicia o seu segundo ano de andaina, ofrecendo un espazo de participación e creatividade lúdica para todos os públicos a partir de 6 anos. (Foto cedida).
A Escola Municipal de Teatro de Sober inicia o seu segundo ano de andaina, ofrecendo un espazo de participación e creatividade lúdica para todos os públicos a partir de 6 anos. (Foto cedida).
• A Escola Municipal de Teatro de Sober ten aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades programadas no curso que agora comeza. Ata o 30 de setembro, as persoas interesadas poden anotarse no Centro Sociocultural.
HORARIOS DE ACORDO COS PARTICIPANTES
Na primeira reunión dos grupos, que terá lugar o venres 7 de outubro no Centro, determinaranse cos participantes os horarios das clases. A reunión para infantil será ás cinco da tarde, e para adultos ás seis. As persoas que non poidan asistir a esta reunión de apertura poden contactar coa profesora por teléfono no 658 27 33 64.
 «TER GAÑAS DE APRENDER E DE PASALO BEN»
As clases, totalmente gratuítas, impartiranse no Centro Sociocultural de Sober, baixo un enfoque lúdico e comunicativo. Esta actividade, destinada a maiores de 6 anos, non require ter experiencia previa nen coñecementos específicos para participar. «O único é que a xente teña ganas de aprender e de pasalo ben», precisa a directora da Escola Municipal de Teatro de Sober, Eva F. Ferreira.
No seu primeiro ano de actividade, a Escola Municipal de Teatro de Sober organizou con gran éxito unha actuación ao aire libre dos maiores acompañados pola Banda Municipal de Música, ademais dun musical galego-inglés dos máis cativos. «O obxectivo para este ano é seguir mantendo o listón ben alto e continuar coas colaboracións co resto de Escolas Municipais», suliñou Ferreira.
Segundo se vaian consolidando os grupos, que se organizarán por idades e número de inscritos, tratarase de realizar máis actividades en diferentes momentos do curso, e levar o teatro a outros puntos do municipio de Sober, «seguindo coa liña de achegar o teatro ao pobo», explicou Eva F. Ferreira.
Pola súa banda, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, lembrou que coa Escola Municipal de Teatro preténdese reforzar a oferta en formación, fomentando a sensibilidade artística e a afección polas artes escénicas entre toda a poboación. Guitián destacou a «enorme aceptación e público e participantes» dos actos da Escola o ano pasado, e salientou a oportunidade de «crear así unha canteira de actores e actrices».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O 10 de outubro comeza en Quiroga un curso de manualidades, decoración e restauración

Seguinte Nova

Preto de 500 persoas obteñen axudas para manter e aproveitar o monte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio