Ata o 7 de outubro para inscribirse nas actividades socioculturais e deportivas do Concello de Bóveda

• O Concello de Bóveda vén de abrir o prazo de inscrición nas actividades socioculturais e deportivas para o curso 2016-2017. As persoas interesadas deberán inscribirse antes do venres 7 de outubro.
OCIOTECA PARA OS MÁIS CATIVOS
A Ocioteca municipal para nenos e nenas de 3 a 12 anos funcionará os martes, mércores e xoves de 16,30 a 18,30 horas, cun prezo de 10 euros anuais por día da semana.
PINTURA INFANTIL OS MARTES
A actividade de Manualidades con pintura infantil desenvolverase os martes de 16,30 a 17,30 horas, cun prezo de 10 euros ao mes. Será preciso xuntar un mínimo de 10 persoas.
DANZA GALEGA PARA OS MÁIS NOVOS
A Escola Municipal de Danza de Bóveda ofrece cursos de Danza Galega para nenos e nenas de 3 a 12 anos. As clases serán os venres de 16,30 a 17,30 horas, cun prezo de 5 euros ao mes.
MÚSICA PARA TODOS OS PÚBLICOS
Pola súa banda, a programación da Escola Municipal de Música de Bóveda oferta diversas disciplinas, cun prezo de 5 euros ao mes por materia, agás a Banda de Gaitas, que é de balde. A actividade de Iniciación á Música, de 3 a 6 anos, terá lugar os xoves de 16,30 a 17,15 horas. Para nenos e nenas de 6 a 12 anos, as clases de música  de vento, percusión e pandeireta serán os xoves de 17,15 a 19,00 horas. Os adultos poderán tomar clases de pandeireta os xoves de 19,30 a 20,30 horas. As clases de Música para adultos impartiranse tamén os xoves, en horario de 20,30 a 21,30 horas.
As sesións da Banda de Gaitas terán lugar os sábados pola tarde, de 16,30 a 18,00 horas.
A programación municipal ofrece ademais a actividade de Canto Coral, os luns de 21,00 a 22,00 horas, por 5 euros ao mes.
TEATRO PARA NENOS, ADULTOS E MAIORES
Así mesmo, a Escola Municipal de Teatro de Bóveda inclúe unha programación pensada para todas as idades. Os nenos e nenas de 6 a 12 anos poderán participar nas sesións os mércores de 16,30 a 18,00 horas, e os maiores de 12 anos terán a súa quenda o mesmo día de 18,00 a 19,30 horas. Para adultos e maiores, as sesións serán os mércores de 20,00 a 21,30 horas. Para que se desenvolva a actividade en calquera dos tres grupos, esíxese un mínimo de 10 inscritos en cada un. O prezo é de 12 euros ao mes.
Por último, a actividade de Ximnasia de Mantemento polas parroquias ten un custo de 5 euros ao mes. É preciso xuntar un mínimo de 10 persoas por parroquia para o desenvolvemento da actividade. Por iso, dende o Concello de Bóveda están á espera de concretar os grupos para establecer un horario definitivo.
As prazas en calquera das actividades adxudicaranse por orde de inscrición, con prioridade para os empadroados no Concello de Bóveda. Haberá matrícula gratis para o terceiro fillo inscrito na mesma actividade que os irmáns.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O club Neka comeza o curso con dúas medallas en combate

Seguinte Nova

Sober entregou o premio á gañadora do concurso fotográfico das Piscinas Municipais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: