Cervantes revivirá en Monforte do 28 ao 30 de setembro

• A cidade do Cabe será a sede do curso multidisciplinar “Cervantes, O Quijote e o Conde de Lemos”, que reunirá a unha ducia de expertos

• Co gallo da celebración do 400 aniversario do falecemento de Miguel de Cervantes, Monforte vai acoller un encontro multidisciplinar para analizar a figura do noso escritor universal, nunha cidade vinculada ao seu proceso creativo. O curso titulado “Cervantes, O Quijote e o Conde de Lemos” busca afondar na historia literaria, artística e cultural da época que viviu Cervantes, anos que foron tamén os de máis esplendor do VII Conde de Lemos, mecenas do escritor e persoeiro ao que foi adicada a segunda parte do Quijote.
ENCONTRO MULTIDISCIPLINAR
O curso desenvolverase os días 28, 29 e 30 de setembro no Parador de Turismo de Monforte de Lemos, baixo a coordinación de José Montero Reguera, catedrático de Literatura Española e recoñecido experto na figura de Miguel de Cervantes. O curso conta coa participación dunha ducia de investigadores e estudiosos nas diversas disciplinas vinculadas á figura e á época de Cervantes e do VII Conde de Lemos, entre as que destaca a monfortina Manuela Sáez González, doutora en Historia da Arte.
Este evento forma parte da programación dos cursos de verán que imparte a Universidade de Vigo.
EN TORNO Á CREACIÓN LITERARIA
A conferencia de apertura do curso “Cervantes, O Quijote e o Conde de Lemos” terá lugar o mércores 28 de setembro ás dez da mañá, a cargo do catedrático de Literatura Española da Universidade de Santiago de Compostela Luis Iglesias Feijóo, que disertará sobre “Cervantes, Don Quijote y la novela moderna”.
A continuación, intervirá  Fernando Romo Feito, profesor titular de Teoría da Literatura na Universidade de Vigo, e titulada “Las Novelas Ejemplares: laboratorio de Cervantes”. A última intervención da mañá corresponderá a Encarnación Sánchez García, catedrática de Literatura Española na Universitá L’Orientale de Nápoles, que falará sobre as dedicatorias literarias ao VII Conde de Lemos. Xa pola tarde, o profesor Montero Reguera abrirá o ciclo de dúas intervencións sobre “Cervantes ante la poesía”, que estará completado coa charla de Gabriela Rivera Rodríguez, da Universidade de Vigo.
Os restantes días estarán centrados nas artes durante a época de Cervantes. Mª José Martínez López, profesora titular de Literatura Española na Universidade da Coruña, falará sobre “Cervantes y el arte del entremés”, para continuar coa intervención de Manuela Sáez González, que leva por título “El mercado del arte en el primer tercio del siglo XVII: coleccionismo y almoneda del VII Conde de Lemos”. Pola súa banda, o profesor de Historia Moderna da Complutense de Madrid, Santiago Martínez Hernández, falará sobre “La corte de Felipe III: ceremonial, fasto y valimiento en tiempos de Cervantes”. A tarde estará centrada na charla de Juan Matas Caballero, catedrático de Literatura Española na Universidade de León, baixo o título “Poetas y poesía en torno a Lemos”.
O venres 30 comezará coas intervencións de Attilio Antonelli, funcionario do Ministerio de Bens Culturais de Italia, e de Juan Cruz Yabar, conservador do Museo Arqueolóxico Nacional, que falarán sobre o virreinato de Nápoles e as artes. A conferencia de clausura estará a cargo de José Manuel Lucía Megías, catedrático de Filoloxía Románica na Complutense, que falará sobre Cervantes diante da súa obra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte planea realizar melloras na Gardería Municipal

Seguinte Nova

Exposición fotográfica de Ana Iglesias na Casa da Xuventude de Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: