• O Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte acolle ata o 15 de outubro unha exposición de Rubén Carral. Este xove artista local amosa unha selección de ilustracións, inspiradas no seu universo persoal, e nas que predomina o intimismo e a evocación.
A mostra, inaugurada o pasado 15 de setembro. pode verse na Galería de exposicións do Centro do Viño, con entrada libre.•