Máis axudas a particulares polos danos do xabaril

• Tamén se elimina o límite de pezas permitidas por batida en época de máis gravidade, e se axilizan os permisos para as batidas por danos

Presentación das modificacións na orde de axudas na xestión do xabaril, a cargo da directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, en Pontevedra o 12 de setembro.  GPXG.
Presentación das modificacións na orde de axudas na xestión do xabaril, a cargo da directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, en Pontevedra o 12 de setembro. GPXG.
• A Xunta vén de reforzar as medidas de control da xestión do xabaril, ao tempo que modificou as axudas para paliar danos pola acción desta especie.
ATA O 10 DE OUTUBRO PARA SOLICITAR AS AXUDAS POR DANOS NAS EXPLOTACIÓNS DE AUTOCONSUMO
Ata agora, as explotacións consideradas de autoconsumo estaban excluídas do reparto destas compensacións, que só se destinaban ás explotacións de carácter profesional. Neste sentido, a partir deste mes, as de autoconsumo estarán incluídas tamén como beneficiarias das axudas para recuperar os danos causados polo xabaril.
O prazo de solicitude das axudas para os agricultores de autoconsumo remata o 10 de outubro. As bases da convocatoria foron publicadas no Diario Oficial de Galicia do 13 de setembro. A Consellería de Medio Ambiente destina unha partida total de 600.000 euros para as achegas, que se tramitan en réxime de concorrencia non competitiva.
MÁIS PEZAS POR BATIDA ESPECIAL
Ademais desta novidade, a Consellería de Medio Ambiente está a traballar na mellora da xestión do xabaril, sobre todo pensando en época de maior conflictividade. Os detalles foron explicados pola directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, cando se anunciou a ampliación das axudas.
MÁIS AXILIDADE NAS AUTORIZACIÓNS PARA BATIDAS ESPECIAIS
Por unha banda, a Xunta xa deu orde de eliminar o límite de dúas pezas por batida durante os picos de conflictividade. Por outra, a Consellería ditará unha instrución para axilizar as autorizacións de batidas por danos, que son as que están fóra da planificación anual de cada Tecor. Esta medida abrangue a 126 concellos, que supoñen o 40,1% do total de Galicia, que son os que contan cun histórico de conflitos, e nos que se entende que os danos resultan acreditados sen necesidade de desprazar a un axente medioambiental. Nestes casos, o tempo de resposta ás solicitudes de batida será dun máximo de 24 horas. Para o resto, o prazo máximo recórtase das actuais 72 horas a 48, emitíndose a autorización por correo electrónico previa comprobación dos danos por un axente medioambiental.
Díaz destacou as medidas de reforzo na colaboración entre a Consellería e a Federación de Caza na xestión eficaz e responsable do xabaril. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Formación para unha prática máis segura da caza

Seguinte Nova

O Concello de Monforte planea realizar melloras na Gardería Municipal

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: