• A principios de agosto, remataron as obras no pavillón do colexio de Sober. Os traballos consistiron na mellora dos revestimentos exteriores e interiores, cun presuposto de 45.000 euros, financiados pola Consellería de Educación. O alcalde anunciou que o Concello realizará máis traballos, para instalar un novo graderío e pintar a pista, cun orzamento de 20.000 euros de fondos propios.•