
• O club Korbis de voleibol comeza a súa segunda tempada incorporando dúas novas categorías. O novo equipo cadete feminino debutará en liga federada, nunha competición que arrancará a comezos de outubro. Pola súa banda, o recentemente creado alevín feminino realizará os adestramentos baixo a disciplina do Korbis, aínda que as súas compoñentes competirán nos equipos escolares dos seus respectivos centros. Hai que lembrar que o Korbis nútrese de xogadores procedentes das ligas escolares, co obxectivo de que atopen neste clube unha saída a competición logo de rematar a ensinanza primaria. Con esta fórmula, o Korbis suma un total de 45 rapaces e rapazas, cos que duplica a súa plantilla. A continuidade vén da man dos infantís, masculino e feminino, que xa competiron o ano pasado.•