• O comezo do curso chegou con dúas medallas ao club Neka de Monforte. O primeiro campionato tralo descanso estival, celebrado en Ourense o día 17 de setembro, correspondeu á modalidade de combate, na que Junior Martínez conseguiu o ouro. En senior, Pedro Luis Pérez acadou a prata, na que foi a súa estrea en competición en terras galegas.
Con estes resultados, Junior Martínez consolida o seu posto na selección galega de combate, na que xa figuraba ao quedar campión galego hai uns meses. Deste xeito, Martínez representará a Galicia no campionato de España, que se vai disputar na localidade segoviana de Cantalejo o vindeiro 15 de outubro. “Esperamos un bo resultado, e que mellore o bronce obtido no campionato nacional por clubes de decembro pasado”, explicou o adestrador, José Mª Vega.
O responsable do Neka gabou o traballo e o gran nivel destes dous deportistas, que xa están a acadar importantes logros a pesares da paréntese do verán.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa