O Concello de Monforte planea realizar melloras na Gardería Municipal

• Anunciou que destinará fondos propios, pero tamén solicitou unha axuda da Xunta

• O Goberno local busca mellorar a seguridade da instalación, a comodidade dos usuarios e ofrecer as novas tecnoloxías para a aprendizaxe dos cativos

•O Concello de Monforte ten previsto realizar diversas melloras no equipamento e nas infraestruturas da Gardería Municipal. Segundo explicou o alcalde, José Tomé, vanse destinar fondos propios do Concello para estas actuacións, aínda que está solicitada unha axuda da Xunta, que confinancia o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Tomé precisou que o obxectivo do Goberno local é mellorar a seguridade da instalación educativa, a comodidade dos nenos e nenas, e conseguir que os máis pequenos dispoñan das últimas tecnoloxías durante a súa aprendizaxe.
Por unha banda, contémplase a compra de mobiliario interior. En concreto, está prevista a adquisición de catro tronas provistas de cinco asentos cada unha, que se instalarán na denominada sala múltiple, onde se ofrece o servizo de comedor. “Este moble, a xeito de mesa, axudaría a mellorar o servizo, posto que permitirá que o alumnado poida estar sentado todo xunto, incrementando así as relacións sociais e afectivas entre eles”, explicou o alcalde, que insistiu na utilidade desta disposición á hora de comer. “Se o neno ve que está comendo o que ten á beira, el tamén o fará”, precisou.
O Goberno local quere dotar á Gardería municipal dunha aula dixital, instalando unha pantalla dixital multitáctil de 55 pulgadas, así como un ordenador portátil.
As actuacións inclúen tamén a renovación do patio da Gardería, colocando céspede artificial, losetas de caucho, e protectores no muro perimetral da zona de xogos e nos bordillos. “Aínda que a instalación cumple coa normativa vixente, precisa dunha modernización nos acabados, materiais e equipamento”, explicou Tomé. Tamén se prevé a compra de novo mobiliario para a zona de xogos.
O importe total das actuacións estímase en 32.796 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis axudas a particulares polos danos do xabaril

Seguinte Nova

Cervantes revivirá en Monforte do 28 ao 30 de setembro

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: