O Pazo de Tor acolleu as IV Xornadas de Bioconstrución

As IV Xornadas de Bioconstrución desenvolvéronse no Pazo de Tor, en Monforte, na fin de semana do 16 ao 18 de setembro.  GPDL.
As IV Xornadas de Bioconstrución desenvolvéronse no Pazo de Tor, en Monforte, na fin de semana do 16 ao 18 de setembro. GPDL.
• Máis de 150 persoas participaron no Pazo de Tor nas IV Xornadas de Bioconstrución, organizadas pola asociación Espiga en colaboración coa Deputación de Lugo e o Concello de Monforte, durante a fin de semana do 16 ao 18 de setembro.
POSIBILIDADES DAS FIBRAS VEXETAIS NA CONSTRUCIÓN
As xornadas, que contaron coa presenza da deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, ofreceron formación teórica e prática sobre novas técnicas de construción a partir de fibras vexetais.
Reputados expertos na materia explicaron as características, vantaxes e aplicacións das fibras vexetais en sistemas de illamento, levantamento de muros ou climatización, entre outros usos, así como as potencialidades de materiais naturais como o bambú ou a caña.
SESIÓNS PRÁTICAS PARA CREAR ESTRUTURAS CON FIBRAS VEXETAIS
Os participantes puideron aplicar os coñecementos adquiridos a través da fabricación con fibras vexetais de cúpulas xeodésicas e figuras xeométricas, guiados polo arquitecto Víctor González.
EXPOSICIÓNS, ECO-COMIDAS E OBRADOIROS PARA OS CATIVOS
As sesións de traballo completáronse cunha degustación de eco-comidas durante os tres días das Xornadas, así como cunha exposición sobre materiais de bioconstrución. Ademais, os cativos puideron achegarse á importancia da construción sostible a través de obradoiros deseñados para eles durante a xornada de tarde.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober entregou o premio á gañadora do concurso fotográfico das Piscinas Municipais

Seguinte Nova

O 10 de outubro comeza en Quiroga un curso de manualidades, decoración e restauración

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: