A segunda cita coas camiñatas pola natureza que organizou o clube Atletismo Chantada saldouse cun éxito de participación. Preto de 200 persoas de todas as idades sumáronse á II Andaina polo Corazón de Galicia, que saiu do campo do Sangoñedo na mañá do sábado 18 de setembro. O percorrido, de preto de 21 quilómetro con dificultade baixa, serviu para vivir o deporte en familia ou con amigos, saboreando o contacto coa natureza nunha xornada de agradable temperatura.•