Preto de 500 persoas obteñen axudas para manter e aproveitar o monte

• Un total de 444 persoas beneficiáronse das axudas convocadas pola Consellería de Medio Rural para o fomento da silvicultura. A resolución desta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia con data de 12 de setembro, establece un importe total de 12.063.534,35 euros para esta liña de axudas, que permitirán xestionar algo máis de 6.700 hectáreas de monte.
MONTE EN VALOR
As actuacións ás que van destinadas as axudas teñen que ver co mantemento dos montes, así como co seu aproveitamento. Por unha banda, as achegas servirán para financiar práticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que inclúen rozas, clareos, claras e podas. Estas actuacións permitirán crear discontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal, e un control selectivo de combustible, para a prevención de incendios forestais.
As axudas tamén financian a plantación puntual de determinadas árbores, que incrementen o valor ecolóxico dos montes, ao tempo que se fomenta a competitividade do sector forestal.
Lugo é a segunda provincia con máis beneficiados, cun total de 136 expedientes aprobados, por detrás de Ourense con 137.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 30 de setembro para anotarse na Escola Municipal de Teatro de Sober

Seguinte Nova

20 persoas participan en Chantada e Carballedo nun obradoiro de emprego da Xunta

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: