Sarria e a súa comarca foron protagonistas da terceira etapa da Volta Ciclista a Galicia

A alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, cortou a cinta de saída da terceira etapa da Volta Ciclista a Galicia, coa presenza, entre outros, do concelleiro de Deportes, Efrén Castro Caloto, e o deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón (Foto cedida).
A alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, cortou a cinta de saída da terceira etapa da Volta Ciclista a Galicia, coa presenza, entre outros, do concelleiro de Deportes, Efrén Castro Caloto, e o deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón (Foto cedida).

• Máis de 300 ciclistas dos 18 equipos participantes na Volta Ciclista a Galicia percorreron os 150 quilómetros da etapa Comarcas de Sarria-Sarria, o pasado 16 de setembro. O pelotón saiu da rúa Padre Sarmiento seguindo un itinerario polos sete concellos da comarca sarriana, que incluiu catro altos puntuables, e dúas metas volantes en Samos e Láncara.
Entre outros, a etapa contou co patrocinio da Deputación de Lugo, que achegou 10.000 euros para unha proba de gran repercusión na promoción turística dos territorios que atravesa, sobre todo ao contar con equipos portugueses nesta edición. Segundo datos de convocatorias anteriores do circuíto, estímase un retorno económico mínimo de 28.000 euros por etapa.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Preto de 500 persoas asistiron en Sarria ao encontro entre o Breogán e o Xuven Cambados

Seguinte Nova

O club Korbis de Monforte inicia a tempada reforzado con novas categorías

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss