
•”Cumpleaños en las piscinas de Sober” é o título da foto gañadora do concurso fotográfico das Piscinas Municipais de Sober, convocado este verán polo concello, para promover o uso gratis da internet nestas instalacións.
O concurso desenvolveuse a través da rede social Facebook, onde a instantánea gañadora conseguiu 720 “me gusta”. A autora da foto, Mónica R.B., foi premiada cun bono familiar de acceso ás piscinas para o ano 2017.
Na entrega dos premios, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradeceu a ampla participación no certame “que foi un éxito”. Guitián tamén gabou a boa resposta dos usuarios destas instalacións con todas as actividades desenvolvidas, que incluíron, entre outras, festas nocturnas, de inchables, cursos de natación, ou aquagym.•