
• A mediados de agosto, o Goberno local de Sober iniciou a instalación de cinco novas áreas biosaudables e de ocio no rural. Segundo explicou o alcalde, Luis Fernández Guitián, esta actuación está financiada cunha achega de 40.000 euros da Consellería de Presidencia a través do Fondo de Compensación Ambiental.
No lugar da Airexa, en Gundivós, e en Sistín do Mato, na parroquia de Canabal, construiranse dous espazos en cada núcleo, que inclúen área biosaudable e parque infantil. Pola súa banda, no Campo de Bulso habilitarase un área biosaudable, ao tempo que se vai ordenar o entorno do Cruceiro, mentres que a dotación para o Campo de Anllo será un novo parque infantil. Por último, na A Carreira, en Anllo, instalarase unha zona de ocio saudable.
Fernández Guitián lembrou que estas actuacións «demostran o compromiso do Goberno local co rural soberino». •