Sober incorpora cinco novas áreas biosaudables no rural

As áreas biosaudables ofrecen a posibilidade de realizar actividade física moderada ao aire libre de xeito gratuíto. (Foto cedida).
As áreas biosaudables ofrecen a posibilidade de realizar actividade física moderada ao aire libre de xeito gratuíto. (Foto cedida).

• A mediados de agosto, o Goberno local de Sober iniciou a instalación de cinco novas áreas biosaudables e de ocio no rural. Segundo explicou o alcalde, Luis Fernández Guitián, esta actuación está financiada cunha achega de 40.000 euros da Consellería de Presidencia a través do Fondo de Compensación Ambiental.
No lugar da Airexa, en Gundivós, e en Sistín do Mato, na parroquia de Canabal, construiranse dous espazos en cada  núcleo, que inclúen área biosaudable e parque infantil. Pola súa banda, no Campo de Bulso habilitarase un área biosaudable, ao tempo que se vai ordenar o entorno do Cruceiro, mentres que a dotación para o Campo de Anllo será un novo parque infantil. Por último, na A Carreira, en Anllo, instalarase unha zona de ocio saudable.
Fernández Guitián lembrou que estas actuacións «demostran o compromiso do Goberno local co rural soberino». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Seguen os traballos de mellora nas infraestruturas de Sober

Seguinte Nova

Melloras no pavillón polideportivo do CEIP Virxe do Carme de Sober

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: