•O conselleiro de Economía e Emprego, Francisco Conde, mantivo un encontro cos participantes
•O Espazo Coworking de Monforte celebrou este mes un obradoiro de formación e asesoramento gratuíto sobre os deseños de modelos de negocio. A actividade está destinada aos 24 emprendedores que participan con 18 proxectos na aceleradora de emprego implantada en Monforte pola Xunta da man da Escola de Organización Industrial (EOI). O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro a mediados deste mes cos mozos e mozas emprendedores, aos que informou das ferramentas que a Xunta ofrece para apoiar o emprendemento.
Conde insistiu nas posibilidades que ofrecen as seis aceleradoras de emprego, como a de Monforte, que a Xunta implantou en varias localidades de Galicia. Estes centros promoven o desenvolvemento de proxectos, facilitan a súa viabilidade, e impulsan o emprego “especializado con futuro e de calidade”.•