A Asociación Veciñal do Saviñao recolleu 570 sinaturas contra a construción dun novo centro de saúde na Lama de Escairón

• O pasado 6 de setembro, a Asociación Veciñal do Saviñao entregou no rexistro do Concello e diante da Consellería de Sanidade, as 570 sinaturas recollidas ao longo do mes de agosto, para protestar pola construción dun novo centro de saúde na contorna da Lama de Escairón.
Segundo explicaron os portavoces deste colectivo, a iniciativa dá resposta ao silencio das administracións diante da solicitude, enviada o pasado 18 de maio, na que se manifestaba o «descontento veciñal» por este proxecto, e se pedía unha rectificación por parte de Concello e Sanidade.
No escrito, a Asociación argumenta que «non se entende» a decisión de construír un novo edificio no canto de arranxar o xa existente «ao tempo que se destrúen prazas sanitarias». «Consideramos que a calidade da sanidade pública conséguese con profesionais, non con novos edificios». Ademais, rexeitan que se edifique nunha zona verde como é o conxunto da Lama de Escairón, que ademais está acreditada como zona pantanosa e húmida, o que iría contra a normativa de edificabilidade. Así mesmo, a cimentación do edificio estaría próxima á ubicación de pozos de auga dos que procede a traída supletoria de augas para Escairón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Exposición fotográfica de Ana Iglesias na Casa da Xuventude de Chantada

Seguinte Nova

En prazo para anotarse na actividade de ximnasia de mantemento en Ferreira

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss