Comezou o curso escolar 2016-2017

• As comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga suman 2.415 alumnos este curso en infantil, primaria e educación especial

A secretaria territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, participou na apertura do curso escolar no CPI Ramón Piñeiro de Láncara, acompañada polo alcalde, Darío Piñeiro. GPXG.
A secretaria territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, participou na apertura do curso escolar no CPI Ramón Piñeiro de Láncara, acompañada polo alcalde, Darío Piñeiro. GPXG.
• O curso escolar arrancou sen incidencias na provincia de Lugo. Un total de 20.282 nenos e nenas iniciaron as clases o 12 de setembro nos 104 centros da provincia de Educación Infantil, Primaria e Educación Especial. No sur de Lugo, 2.415 alumnos das comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga incorporáronse ás aulas, 733 a educación infantil, 1.641 a primaria, e 41 a educación especial.
CIFRAS NO ENSINO SECUNDARIO
Con respecto ao ensino secundario, o curso académico 2016-2017 comezou o 15 de setembro, sumando un total de 13.883 alumnos e alumnas nos 82 centros que imparten Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, e ensinanzas de réxime especial na nosa provincia. No conxunto das comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada, o número total de alumnos de ensino secundario é de 1.633, dos que 1.109 están matriculados na ESO, 410 no bacharelato e 114 en ensinanzas de réxime especial.
Respecto á Formación Profesional, aínda non están pechadas as cifras oficiais, posto que o periodo de inscrición está aberto ata o 23 de setembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pantón participará no obradoiro conxunto de emprego Os Grelos

Seguinte Nova

Novos murais seguen a encher de cor a Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: