Concienciación para o uso da biomasa no consumo doméstico

• “Biomasa na túa casa” amosou en Monforte as vantaxes da biomasa como fonte de enerxía fronte aos combustibles fósiles

A exposición, instalada a segunda semana de setembro na explanada da Compañía, foi visitada polo alcalde de Monforte, José Tomé; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; e a portavoz do PP no Concello de Monforte, Julia Rodríguez. GPXG
A exposición, instalada a segunda semana de setembro na explanada da Compañía, foi visitada polo alcalde de Monforte, José Tomé; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; e a portavoz do PP no Concello de Monforte, Julia Rodríguez. GPXG
• A exposición itinerante “Biomasa na túa casa” fixo parada en Monforte de Lemos na primeira semana de setembro. A mostra, organizada pola Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa (Avebiom) e o Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) coa colaboración do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), está a percorrer as catro provincias galegas, co obxectivo de concienciar á cidadanía das vantaxes que supón empregar a biomasa como fonte de enerxía en empresas e fogares como alternativa aos combustibles fósiles.
IMPULSO AO SECTOR PRIMARIO
A mostra contou coa visita do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen lembrou que a biomasa ocupa a primeira posición en canto a fontes de orixe autóctona en Galicia, por diante do vento e da auga. Conde gabou a iniciativa desta exposición, por axudar a impulsar o desenvolvemento das áreas rurais e do sector primario.•

• Ata o 9 de outubro está aberto o prazo das axudas para instalacións de biomasa en administracións e empresas

• A Xunta, a través do Inega, vén de publicar a convocatoria de axudas para fomentar novos proxectos de impulso da biomasa entre as administracións públicas e as empresas. O Executivo galego destina máis de 9,5 millóns de euros a esta partida, nunha iniciativa pioneira que servirá para fomentar o uso de enerxías limpias mediante a instalación de redes de subministración de enerxía térmica xerada con biomasa. A convocatoria está cofinanciada con fondos europeos FEDER.
No caso das administracións, a contía das axudas será dun máximo do 75% do custe, e para as empresas será do 50%, cun máximo dun millón de euros por proxecto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novos murais seguen a encher de cor a Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Empresarios lucenses buscan levar a Cuba os seus produtos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss