Empresarios lucenses buscan levar a Cuba os seus produtos

• Unha delegación do Goberno cubano visitou Láncara, invitada polo Concello, e mantivo un encontro con empresarios da provincia

No encontro que a delegación cubana mantivo o día 12 con empresarios lucenses en Láncara participaron 40 persoas. Estiveron presentes o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde. GPDL
No encontro que a delegación cubana mantivo o día 12 con empresarios lucenses en Láncara participaron 40 persoas. Estiveron presentes o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde. GPDL

 

• O Concello de Láncara acolleu, o pasado 12 de setembro, a recepción a unha delegación do Goberno cubano, para dar a coñecer a provincia de Lugo en xeral, e o municipio lancarés en particular, para buscar novos nichos de mercado para os produtos lucenses na illa caribeña.
40 PERSOAS PARTICIPARON NO ENCONTRO EN LÁNCARA
Esta recepción responde á invitación que o Goberno local de Láncara enviou hai uns meses ao Goberno cubano, e que finalmente se materializou coa presenza de Gustavo Arencibia Carballo, director do Centro de Investigacións Pesqueiras de Cuba; Santiago Reyes Pérez, responsable do Grupo de Traballo Estatal Bahía Habana; Luis F. Baró Rodríguez, responsable do Grupo Empresarial de Transporte Marítimo Portuario; Yosvany Armando Simón Gil, director de Xestión de Proxectos e Colaboración; e Raquel Silveira Coffigny, directora do Centro de Investigacións Pesqueiras.
Os delegados cubanos foron recibidos polo alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde. A continuación, tivo lugar un encontro da delegación de Cuba con representantes de diversas empresas e colectivos lucenses, como a Confederación de Empresarios Lucenses, a Asociación de Jóvenes Empresarios, a Feira Iberoamericana da Gastronomía, Leite Río, Armadores de Burela, Pescados Rubén, Porto Celeiro, Torre de Núñez, Abanca, Café Candelas, Frisaqués e Nova Frigsa, entre outros. O encontro sumou un total de 40 participantes.
Neste sentido, o presidente da Deputación afirmou que “estamos a estudar posibles accións e acordos co Goberno de Cuba, así como co tecido empresarial da illa, para que as empresas da nosa provincia, que comercializan produtos de altísima calidade, teñan un novo mercado”, aproveitando “o momento axeitado” que supón “o proceso de apertura e cambio en Cuba”.
A delegación cubana comprometeuse a facilitar, na medida do posible, acordos entre as institucións lucense e insular, para poder levar a cabo a comercialización. Os delegados amosáronse moi interesados pola gran calidade dos produtos lucenses, sobre todo nos sectores pesqueiro e agroalimentario, así como a trazabilidade e seguridade na fabricación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Concienciación para o uso da biomasa no consumo doméstico

Seguinte Nova

Aprobado o programa provincial Ben Empregado 3 con novidades para fomentar a inserción laboral

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: