Exposición fotográfica de Ana Iglesias na Casa da Xuventude de Chantada

• “Outra realidade” sorprende pola factura exquisita das 15 instantáneas que compoñen esta mostra • A exposición de Ana Iglesias pode verse en horario de tarde ata o 30 de setembro

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Ata o 30 de setembro, a Casa da Xuventude de Chantada acolle a exposición “Outra realidade”, asinada pola fotógrafa Ana Iglesias.
DOMINIO DA LUZ E DA TÉCNICA
A mostra inclúe un total de 15 fotografías en cor, cunha exquisita factura e que sorprenden pola súa forza e, ao mesmo tempo, pola serenidade que transmiten. As persoas son, segundo figura no programa da mostra, as protagonistas das instantáneas de Iglesias, que recolle esceas da vida cotiá, “convertindo aos fotografados en actores e a nós en espectadores do Gran Teatro do Mundo”. O dominio da técnica e o xogo da luz dan como resultado creacións próximas, nalgúns intres, aos grandes da pintura universal.
TRAXECTORIA
Ana Iglesias comezou a expoñer as súas fotografías en 2010, con exposicións individuais e colectivas en varios puntos de Galicia, España e Portugal, con gran presenza nos ciclos do Outono Fotográfico. Iglesias é membro da antiga Agrupación Fotográfica Ourensá e da comunidade fotográfica Fotocommunity.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Cervantes revivirá en Monforte do 28 ao 30 de setembro

Seguinte Nova

A Asociación Veciñal do Saviñao recolleu 570 sinaturas contra a construción dun novo centro de saúde na Lama de Escairón

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss