O 18 de setembro, tivo lugar en Pantón o I Triatlón da Ribeira Sacra de Pantón, con preto dunha cincuentena de participantes nas diversas categorías. A proba, que incluiu nado, ciclismo e carreira, tivo como gañadores absolutos a Iria di John, do clube Tri-Penta Terras de Lugo, e Jaime González, do Cidade de Lugo Fluvial.
Pola súa banda, o verán foi tempo de deportes en Pantón, coa terceira edición da Travesía en Kayak, celebrada a comezos de agosto. Dada a gran demanda de solicitudes, foi preciso habilitar unha segunda xornada para dar cabida ao gran número de participantes que quixeron disfrutar dunha xornada de deporte acuático na natureza.
A vindeira cita coa paisaxe e o deporte será este outono, coa Gran Travesía Ribeira Sacra, organizada por Rutea en colaboración, entre outros, co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e o Concello de Pantón. A primeira etapa deste percorrido sendeirista celebrarase o sábado 24 de setembro, cun trazado de 18 quilómetros entre Belesar e Maiorga, con dificultade media-alta. A saída será no Pobo de Belesar ás 10,00 horas, e alí deixaranse os coches. Ao chegar a Maiorga, un autobús recollerá aos sendeiristas para regresar a Belesar. Aínda que o prazo para anotarse na primeira etapa rematou o día 21, haberá máis oportunidades. A segunda etapa está fixada para o domingo 9 de outubro, cun trazado de 25 quilómetros dende Maiorga ata os Peares. A Gran Travesía inclúe un total de 6 etapas, que se desenvolverán ata comezos de decembro.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán
A dinamización da vida na aldea é o obxectivo das propostas culturais e lúdicas que ofrece