Gran aposta polo deporte en Pantón coa Travesía en Kayak e o Triatlón

O 18 de setembro, tivo lugar en Pantón o I Triatlón da Ribeira Sacra de Pantón, con preto dunha cincuentena de participantes nas diversas categorías. A proba, que incluiu nado, ciclismo e carreira, tivo como gañadores absolutos a Iria di John, do clube Tri-Penta Terras de Lugo, e Jaime González, do Cidade de Lugo Fluvial.
Pola súa banda, o verán foi tempo de deportes en Pantón, coa terceira edición da Travesía en Kayak, celebrada a comezos de agosto. Dada a gran demanda de solicitudes, foi preciso habilitar unha segunda xornada para dar cabida ao gran número de participantes que quixeron disfrutar dunha xornada de deporte acuático na natureza.
A vindeira cita coa paisaxe e o deporte será este outono, coa Gran Travesía Ribeira Sacra, organizada por Rutea en colaboración, entre outros, co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e o Concello de Pantón. A primeira etapa deste percorrido sendeirista celebrarase o sábado 24 de setembro, cun trazado de 18 quilómetros entre Belesar e Maiorga, con dificultade media-alta. A saída será no Pobo de Belesar ás 10,00 horas, e alí deixaranse os coches. Ao chegar a Maiorga, un autobús recollerá aos sendeiristas para regresar a Belesar. Aínda que o prazo para anotarse na primeira etapa rematou o día 21, haberá máis oportunidades. A segunda etapa está fixada para o domingo 9 de outubro, cun trazado de 25 quilómetros dende Maiorga ata os Peares. A Gran Travesía inclúe un total de 6 etapas, que se desenvolverán ata comezos de decembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En prazo para anotarse na actividade de ximnasia de mantemento en Ferreira

Seguinte Nova

En forma co obradoiro de aerobic de Ferreira

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: