
• Do 2 ao 16 de agosto, un total de 14 mozos e mozas entre 18 e 30 anos participaron no campo interancional de traballo «Rota do Románico», que se desenvolveu en Pantón. Esta actividade, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración co Concello de Pantón, incluiu traballos de acondicionamento exterior da Rota do Románico, con sinalización, limpeza de vexetación e creación de elementos de dinamización. Os participantes, chegados de varios países, desenvolveron tamén actividades de ocio na natureza, para coñecer a riqueza natural e patrimonial de Pantón e da Ribeira Sacra.•