•Dous alumnos becados o curso pasado destacaron as vantaxes destas axudas para poder acceder á universidade e custear gastos de material

•Logo de completarse as probas de selectividade de setembro, volve a activarse a campaña “Para estudar, Lugo”, ofrecendo novos prazos de matrícula no Campus de Lugo e de solicitude simultánea das becas da Deputación. Así o explicaron o presidente provincial, Darío Campos; o vicerreitor da USC en Lugo, Javier Bueno; e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, en rolda de prensa, acompañados por tres estudiantes beneficiados coas becas da Deputación para a primeira matrícula.
GRAZAS A ESTAS BECAS, O CAMPUS DE LUGO OFRECE “AS TAXAS MÁIS BARATAS DO PANORAMA UNIVERSITARIO ESPAÑOL”
Estas becas da Deputación de Lugo supoñen un desconto do 50% na primeira matrícula nun total de 10 titulacións do Campus lucense. Segundo explicou o vicerreitor do Campus de Lugo, este plan de axudas permite ofrecer “as taxas de matrícula máis baratas de todo o panorama universitario español”. Ademais, Javier Bueno destacou que a sede universitaria de Lugo “é garantía de máxima calidade académica e científica”. As becas que ofrece a Deputación solicítanse de xeito inmediato ao mesmo tempo que se fai a solicitude de praza nalgunha das 10 titulacións incluídas.
PRAZOS PARA RESERVA DE PRAZA EN SETEMBRO E OUTUBRO CON SOLICITUDE DE BECAS, E LISTAXE DOS GRAOS CORRESPONDENTES
Os tres últimos prazos de matrícula na Universidade de Santiago-Campus de Lugo son do 21 ao 23 de setembro, do 11 ao 14 de outubro, e do 19 ao 21 de outubro.
Os graos nos que se pode solicitar a beca da Deputación corresponden a Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais; Enxeñaría Civil; Enxeñaría en Xeomática e Topografía; Lingua e Literatura Españolas; Ciencias da Cultura e Difusión cultural; Relacións Laborais e Recursos Humanos; Xestión de Pequenas e Medianas Empresas; e Administración e Dirección de Empresas. A listaxe inclúe tamén o dobre grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, pero xa ten todas as prazas cubertas.

MEDRA O NÚMERO DE ESTUDANTES NO CAMPUS DE LUGO, E TAMÉN A CIFRA DE REUNIÓNS CIENTÍFICAS NESTA SEDE
A campaña “Para estudar, Lugo” forma parte do Plan de Impulso do Campus lucense, que a Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela puxeron en marcha en 2013 para promocionar este centro académico, e a Lugo como cidade universitaria. Segundo explicaron os responsables do Plan, a iniciativa está a dar os seus primeiros froitos, xa que no curso pasado aumentou nun 10% o número de matriculados no total do Campus de Lugo, e en preto dun 20% as matrículas nos graos que aplican os descontos ofrecidos pola Deputación.
Como cidade universitaria, Lugo está a atraer un número crecente de cursos de verán da propia Universidade de Santiago, ao tempo que o Campus lucense segue a sumar encontros, congresos e reunións científicas.

TESTEMUÑAS DE ALUMNOS BECADOS
A experiencia dos alumnos becados o ano pasado quedou tamén reflexada na presentación da campaña “Para estudar, Lugo”. A ourensá Laura Fariña Rodríguez e o lucense Mario Gómez Novo van iniciar o segundo curso de Enxeñería Forestal e do Medio Natural, logo de serlles concedidas as becas da Deputación no curso pasado. Ambos estudantes coincidiron en sinalar as vantaxes destas becas, que facilitan ás familias o acceso dos seus fillos aos estudos universitarios, ou a compra de diverso material para o desenvolvemento da aprendizaxe. Un dos que se beneficiará das becas da Deputación este ano é Iago Gallo, presente entre o público que asistiu ao acto, e que iniciará primeiro de Enxeñería Forestal e do Medio Natural logo de conseguir en xullo o desconto do 50% no custe da matrícula.•