• O director de cine Dani de la Torre será homenaxeado na gala de clausura da 38ª Semana Internacional de Cine de Autor, que terá lugar en Lugo o sábado 24 de setembro. O cineasta monfortino compartirá protagonismo con outros dous piares da exitosa película “El Desconocido”, Jorge Coira, Goya 2016 á mellor montaxe por este filme, e o actor Luis Tosar, protagonista da cinta.
Esta edición, a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo rende homenaxe a Buster Keaton, no 50º aniversario do seu falecemento, a través do cartel oficial do evento, e coa reposición dunha das súas películas.

CICLOS ESPECIAIS
Máis de 100 películas compoñen o programa desta edición, que recibiu arredor de 1.000 longametraxes e curtas, procedentes de 52 países. Dentro da programación, inclúese un ciclo sobre a discapacidade, como homenaxe á Asociación de Pais e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS), con motivo do seu primeiro cincuentenario. Tamén se ofrece un ciclo especial adicado a “20 anos sen o Gran Teatro de Lugo”, e á muller protagonista.
A Semana reservou un apartado para o cine infantil, a gastronomía e o Día de Asturias, celebrado o 21 de setembro.
Este festival, que está organizado polo Grupo Fonmiñá, conta como principal patrocinador coa Deputación de Lugo, cunha achega económica de 35.000 euros e unha colaboración a través da TIC, que elaborou un spot promocional deste evento, e varios vídeos de presentación de cada un dos ciclos. Ademais, a 38ª Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo recibiu unha aportación de 18.000 euros do Concello de Lugo, 3.000 euros da Xunta de Galicia, e 2.000 euros do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.•