O proxecto “Memoria Dixital Lugo” amplía o seu banco de recordos

•Esta iniciativa, liderada dende a Fundación TIC, recollerá vídeos, audios, fotos antigas e todo tipo de documentos para conformar “a memoria colectiva” da nosa provincia

Presentación da nova fase do proxecto “Memoria Dixital Lugo” na Pontenova, o pasado 9 de setembro. GPDL
Presentación da nova fase do proxecto “Memoria Dixital Lugo” na Pontenova, o pasado 9 de setembro. GPDL
• Aproveitar as novas tecnoloxías como ponte entre as lembranzas da nosa historia recente e a identidade do futuro está na base do proxecto “Memoria Dixital Lugo”, unha iniciativa liderada dende  a Fundación TIC, e que inicia este mes unha nova etapa. Segundo explicou na Pontenova o presidente da TIC e da Deputación, Darío Campos Conde, que “abrimos a toda a sociedade lucense este arquivo, pioneiro na nosa provincia, que tivo como xerme un programa destinado exclusivamente aos maiores de 55 anos”.
AS NOVAS TECNOLOXÍAS AO SERVIZO DE TODOS OS LUCENSES E CON MÁIS LABOR SOCIAL
Darío Campos precisou que a “Memoria Dixital Lugo” arranca con novos contidos, maior presenza na totalidade da provincia, e unha páxina web propia, www.memoriadixitallugo.es. O titular provincial destacou que esta web é máis áxil e doada de empregar para os usuarios. O proxecto cumple tamén unha función de achegamento da poboación ás novas tecnoloxías. “Con esta iniciativa poñemos as novas tecnoloxías ao servizo de todos os lucenses e reforzamos os seu labor social”, precisou Campos Conde.
QUE É “MEMORIA DIXITAL LUGO”
O presidente da TIC e da Deputación explicou que o proxecto “Memoria Dixital Lugo” será “un legado para as vindeiras xeracións, tanto para os lucenses como para os investigadores e os amantes da historia en xeral”. O proxecto está organizado como un banco de recordos, integrado por materiais de diverso tipo, como fotografías, audios, vídeos e outros soportes, que son rexistrados nun arquivo dixital. Todos os lucenses poden participar achegando calquer tipo de documento “que axude a coñecer mellor a nosa historia recente, sobre todo a da primeira metade do século XX”, apuntou Darío Campos. Neste sentido, o mandatario provincial animou a “todos os lucenses, e tamén aos concellos, asociacións e centros de maiores, a que contribúan a crear este banco de recordos”. “A nosa intención é ampliar este banco no que, a través de testemuños individuais, poderemos conservar para as vindeiras xeracións o mellor tesouro dun pobo: a súa memoria colectiva”, suliñou Campos Conde.
As persoas e colectivos interesados poden contactar coa Fundación TIC no teléfono 982 284 6 67, e tamén enviar os seus documentos escaneados ou gravacións a través do correo maiores@fundaciontic.org.
A TIC ofrece a posibilidade de enviar equipos de titulados da Escola de Imaxe e Son aos diversos puntos da provincia, para organizar os encontros precisos e realizar as gravacións, ademais de formar aos  usuarios no uso de dispositivos dixitais e audiovisuais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Alimentatic formará nas comarcas de Lugo para mellorar a alimentación coas novas tecnoloxías

Seguinte Nova

Ata o 5 de outubro poden solicitarse as axudas da Deputación para melloras en servizos públicos no rural

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: