•O obradoiro da Xunta está promovido polo Saviñao, e tamén participa o concello de Sober •Beneficiará a 15 persoas desempregadas menores de 30 anos •Os alumnos realizarán traballos de mellora na Biblioteca Municipal de Ferreira
• O 29 de setembro, un total de 15 persoas desempregadas e menores de 30 anos, empadroadas nos municipios de Pantón, O Saviñao e Sober, comezarán a traballar e a formarse no obradoiro de emprego Os Grelos, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Durante seis meses, os participantes recibirán formación nas especialidades de fábricas de albanelería e montaxe e instalación de construcións de madeira. Ao mesmo tempo, realizarán diversos traballos de mellora dos espazos públicos dos tres concellos, aplicando os coñecementos adquiridos.
En Pantón, os alumnos do obradoiro traballarán na execución do chan e do mobiliario da Biblioteca Municipal de Ferreira. Pola súa banda, en Sober colocarán marquesiñas e rehabilitarán a contorna das fontes de uso veciñal. No Saviñao, acondicionarán os acabados e mobiliario de varios edificios públicos, como o Concello, xulgado, e as bibliotecas de Currelos e Escairón.•