• A afluencia medrou respecto ao ano pasado, canto a media foi de 17 persoas ao día • Dende finais de xuño a principios de setembro, o 12% dos visitantes rexistrados foron estranxeiros
• Este verán, a Oficina de Turismo de Sober recibiu un total de 1.293 visitas, o que supón unha media diaria de 20 persoas entre finais do mes de xuño e principios de setembro. Segundo explicaron dende o Concello de Sober, a cifra de turistas é superior ás do ano pasado, cando a media diaria de visitantes foi de 17 persoas.
ATRACTIVOS DA ZONA PARA OS VISITANTES
Os turistas que se achegaron ata este punto de información situado na Praza do Concello da capitalidade soberina interesáronse especialmente polas rutas de sendeirismo da contorna, os miradoiros e os horarios para visitar as adegas.

AGOSTO, O MES CON MÁIS TURISTAS ESTRANXEIROS EN SOBER
En canto á procedencia, a maioría dos visitantes son nacionais, sobre todo chegados de Galicia, Madrid e Barcelona. Tamén visitaron Sober turistas procedentes de Andalucía, País Vasco, Castela e León, ou a Comunidade Valenciana.
Os turistas estranxeiros supuxeron o 12% dos visitantes totais na Oficina de Turismo de Sober, fundamentalmente de países europeos como Reino Unido, Francia, Dinamarca, Portugal, Suíza, Italia ou a República Checa. De fóra da Unión Europea, tamén se rexistraron turistas de Estados Unidos, Arxentina, Cuba ou Canadá. O 60% das visitas de estranxeiros efectuáronse ao longo do mes de agosto.•