•A Deputación de Lugo ofrece ata decembro 600 prazas con descontos para estadías e tratamentos termais en 4 balnearios da provincia •O programa vai destinado a maiores de 55 anos
• A finais do mes de setembro, a Deputación abriu o prazo de inscrición no programa Lugo Termal 2016, que ofrece aos maiores de 55 anos descontos en tratamentos termais en catro balnearios da nosa provincia. O organismo provincial ofrece un total de 600 prazas, con descontos de ata 60 euros no prezo de tratamentos terapéuticos nos balnearios de Augas Santas en Pantón, Río Pambre en Palas de Rei, Guitiriz e Termas Romanas de Lugo. As estadías con tratamentos bonificados poderán disfrutarse ata finais do mes de decembro.
POTENCIAR O BENESTAR SOCIAL E O TURISMO TERMAL
Segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, na presentación do programa Lugo Termal 2016, esta iniciativa ten como obxectivo potenciar o benestar social e o turismo termal na nosa provincia. O organismo provincial destina un total de 36.000 euros para asumir os custes dos descontos aplicados no programa.

CÓMO PARTICIPAR
O modelo de solicitude pode descargarse da páxina www.deputacionlugo.gal. Os interesados deberán cumplimentar o formulario, e entregalo no Rexistro da Deputación. As prazas concederanse por rigorosa orde de solicitude.
A Deputación porase en contacto cos participantes seleccionados para asignarlles un balneario e unha data concreta, en función da petición realizada e da dispoñibilidade dos establecementos. A continuación, o organismo provincial entregará un bono ao participante, que deberá presentar, obrigatoriamente, o día de recepción ou entrada no balneario. Os participantes deberán recoller cadanseu bono na Área de Benestar Social da Deputación de Lugo.
A oferta do programa Lugo Termal 2016 consta de paquetes de estancia e tratamentos, con ata 60 euros de desconto. Cada paquete inclúe 6 días con 5 noites de estancia en réxime de pensión completa, entrando sempre en domingo e saíndo en venres, con comida incluída. Durante a estancia, poderase disfrutar de 8 técnicas de balneario, e recoñecemento médico á chegada. Ademais, desenvolverase un programa de animación socio-cultural de luns a xoves, e ofrecerase asistencia especializada e programas específicos para persoas con problemas de mobilidade ou incapacidade. Estes paquetes teñen un prezo máximo de 190 euros. Tamén se pode prolongar a estadía tras rematar o paquete, e se ofrecerá un prezo especial con desconto
Por outra banda, o Lugo Termal 2016 ofrece 20 técnicas terapéuticas durante 10 días, sen necesidade de estancia, cun prezo especial con desconto. •