Actividades para todos na Programación de Outono de Quiroga

• Lecer creativo, atención á infancia, formación musical e académica, así como benestar físico ou dinamización social son os eixos da Programación de Outono que organiza o Concello de Quiroga

• A Programación de Outono que ofrece o Concello de Quiroga inclúe actividades para todos as idades e intereses, que abranguen o lecer creativo, o benestar físico e a dinamización social.
CALENDARIO SEMANAL PARA O MES DE OUTUBRO
Durante o mes de outubro, os martes e xoves funciona a ludoteca municipal, e tamén se desenvolven as actividades de pilates, karate, ximnasia de mantemento, informática e ximnasia.
Pola súa banda, o teatro ten o seu espazo os martes, mentres que os mércores teñen lugar as clases de ioga, e a formación musical a través das clases de música e movemento, guitarra e piano. A actividade “Espazos en Familia” desenvólvese en mércores alternos.
Así mesmo, os luns e mércores son as citas do aeróbic, e as clases de preparación de graduado en ESO, e de Competencias Claves, que se imparten no Centro Social. Esta instalación tamén acolle todos os luns os talleres de memoria. Ademais, os cursos de estimulación cognitiva desenvólvense os luns, mércores e venres. Por último, a actividade de pintura ten lugar os sábados.
O CENTRO SOCIAL, PUNTO DE ENCONTRO NO OUTONO
O Centro Social de Quiroga continúa a súa actividade tamén nos meses de outono. Durante outubro, a axenda do Centro inclúe os bailes dos domingos, ademais de acoller durante a semana actividades para os maiores.
OUTRAS ACTIVIDADES
O sábado 15 de outubro, o Auditorio Municipal será o escenario da obra de teatro “As Paspallás”, a cargo do Grupo de Teatro de Salcedo, dentro do programa Buxiganga, da Deputación de Lugo. O mércores 19, conmemorarase o Día Mundial do Cancro de Mama, cunha andaina solidaria organizada polo CIM de Quiroga. A lectura será a protagonista do Día das Bibliotecas, coa representación, o sábado 23, da obra de teatro infantil “Camiño de historias”, a cargo de Migallas Teatro. Por último, o sábado 29 celebrarase a actividade “Minichef Quiroga Especial Día de Samaín”, en colaboración co Albergue de Quiroga.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Clases de xeoloxía por terras de Lemos e Ribeiras do Sil

Seguinte Nova

Bóveda, entre os concellos beneficiados polas axudas da Xunta para mellorar os equipamentos culturais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: