Adriano López consolida a súa faceta como modelo fotográfico

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Adriano López está a apostar forte pola súa faceta de modelo fotográfico, traxectoria na que vén de reafirmarse con recentes traballos dentro e fóra de Galicia. O modelo natural de Paradela e afincado en Monforte vén de completar un interesante traballo fotográfico con Pauloff Fotografía na contorna de Silleda, «lugar onde empecei a facer fotos profesionais», explica.  Adriano posou con estilismos de Emilia Alonso, da Boutique Emily, e a colaboración da súa perruqueira habitual, Sonia, de Princess Peluquería Unisex. Tamén en terras galegas, López participou nun desfile en Viana do Bolo, da man de Jorge Álvarez, «un moi bo estilista ourensán», co que ten compartido pasarela en anteriores desfiles.
SESIÓNS FOTOGRÁFICAS FÓRA DE ESPAÑA
Máis alá das nosas fronteiras, o modelo paradelés viaxou recentemente a Granada para traballar cos fotógrafos Gustavo Mezza e José Manuel Mazintosh, con perruquería a cargo de Sonia de Princess, e deseños da firma Leef Paris a través da Boutique Emily. Toda esta actividade tivo culminará en varios proxectos fóra de España, en concreto en Francia e Italia, que Adriano López ten previstos a curto prazo.
Mentres tanto, a axenda de Adriano está chea de compromisos no eido da moda. O día 16 participará en Santiago nunha «superproducción fotográfica, quizais o proxecto máis grande no que teño participado, con cinco dos mellores actores a nivel autonómico, suliñou o modelo. Adriano López compartirá imaxe con Miro Magariños, Marcos Correa, Isabel Blanco, Paloma Otero e Yelena Molina na recreación dunha película de época, e con grandes colaboracións en vestiario. «Será para min un orgullo», destaca Adriano respecto desta experiencia «fenomenal» que se desenvolverá baixo a lente experta do fotógrafo Edu Pereira, «toda unha garantía de éxito».
Tamén éxito é o que Adriano quere acadar para o desfile benéfico que se organizará en Monforte o 29 de outubro a favor da Asociación Ruliños. Adriano desfilará para a peluquería Princess, nunha iniciativa «moi boa que penso que habería que potenciar máis». Os vínculos coa terra na que vive non acaban aí, xa que para Adriano «é toda unha honra representar a un selo tan importante como o da Ribeira Sacra», e que é un dos seus patrocinadores máis recentes.
Este momento doce complétase cun novo desafío, o de ser seleccionado como mellor adestrador de España pola revista Men’s Health. Un reto que Adriano afronta con ilusión, avalado pola súa traxectoria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As «Paisaxes Sacras», de Guillermo López Mao, no Círculo Saviñao

Seguinte Nova

A Oficina de Turismo de Sober recibiu unha media diaria de 20 persoas este verán

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: