Arrancou o Plan Integral de Mellora dos viais provinciais no sur de Lugo

A Deputación investiu 43.000 euros na aplicación de slurry en dúas estradas de Monforte e A Pobra do Brollón. GPDL
A Deputación investiu 43.000 euros na aplicación de slurry en dúas estradas de Monforte e A Pobra do Brollón. GPDL
• A Deputación de Lugo está a completar os primeiros traballos incluídos no Plan Integral de Mellora da rede viaria provincial, dotado con 4,5 millóns de euros. Das primeiras 21 obras previstas no Plan, que beneficiarán a 17 concellos, o organismo provincial vén de rematar os traballos realizados en viais de Monforte e A Pobra do Brollón.
IMPERMEABILIZACIÓN DO FIRME E MAIOR ADHERENCIA
Por unha banda, a finais de setembro quedaba completada a mellora da estrada LU-P-3202, que une Monforte de Lemos con Currelos. As obras consistiron na aplicación dunha capa de slurry, produto que se coloca sobre o aglomerado para impermeabilizar o firme, mellorar a evacucación das augas, e dotar ao vial de maior adherencia. Ademais, a actuación incluiu o pintado e sinalización horizontal. A mellora deste vial resulta “fundamental”, segundo destacaron dende a Deputación, porque dá servizo non só aos recinto da feira, senón ás parroquias do Chao de Fabeiro, Baamorto e Fiolleda, e á conexión entre Monforte e O Saviñao. A Deputación investiu nestes traballos un total de 23.000 euros.
Por outra banda, a segunda actuación do Plan Integral de estradas no sur lucense beneficiou ao municipio de A Pobra do Brollón. A mellora realizouse na estrada da LU-P- 4713, na capitalidade, á LU-652, en Cereixa, coa aplicación dunha capa de slurry e repintado posterior. O investimento foi de 20.000 euros, nuns traballos que remataron a finais do mes pasado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As obras na estrada LU-901 en Carballedo estarán completadas este ano

Seguinte Nova

Comeza o curso na Casa da Xuventude de Chantada

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss