As obras na estrada LU-901 en Carballedo estarán completadas este ano

• A Consellería de Infraestruturas investiu 600.000 euros nesta actuación, que ten como obxectivo mellorar a seguridade de peóns e vehículos

A conselleira de Infraestruturas en funcións, Ethel Vázquez, supervisou os traballos de mellora deste vial en Carballedo o pasado 3 de outubro. (Foto cedida).
A conselleira de Infraestruturas en funcións, Ethel Vázquez, supervisou os traballos de mellora deste vial en Carballedo o pasado 3 de outubro. (Foto cedida).
• A conselleira de Infraestruturas en funcións, Ethel Vázquez, supervisou a comezos de outubro as obras de mellora na estrada LU-901 entre A Barrela e a provincia de Ourense, e nas que a Xunta inviste 600.000 euros. Os traballos, que comezaron no mes de xullo, están xa executados nun 70%, polo que se prevé que estean rematados a finais de ano.
BEIRAVÍAS E MELLORAS NO FIRME
Segundo explicou a conselleira de Infraestruturas en funcións, as actuacións neste vial teñen como obxectivo mellorar “de forma notable” a seguridade na estrada que une a comarca de Chantada e O Carballiño. Os traballos consisten, por unha banda, na ampliación da vía para dotala de beiravías. Ademais, en determinados treitos, ao paso polos pequenos núcleos de poboación onde hai vivendas á marxe, en lugar de beiravías construiranse cunetas aptas para o tránsito das persoas, co obxectivo de proporcionarlles aos peóns unha circulación cómoda e segura.
Por outra banda, a actuación inclúe reforzos de firme nos treitos máis urbanos desta vía, como na travesía da Tolda, onde xa se remataron os traballos, e na travesía da Barrela, onde tamén xa se renovou o firme. Así mesmo, estase a mellorar a sinalización e o balizamento. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Seminario en Monforte para o sector do turismo

Seguinte Nova

Arrancou o Plan Integral de Mellora dos viais provinciais no sur de Lugo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: