
• Dende o 9 de outubro, pode verse no Círculo Saviñao de Escairón a exposición pictórica titulada «Paisaxes Sacras», de Guillermo López Mao. Na inauguración, o monfortino estivo acompañado por un bo número de socios, veciños e amigos, que acudiron a dar a benvida a este novo evento creativo, dentro da intensa axenda do Círculo Saviñao.
O monfortino ofrece unha mostra composta por acrílicos inspirada na Ribeira Sacra, con paisaxes expresionistas e imaxes que derivan na abstracción, así como retratos pop-art que recollen en maior ou menor medida elementos destas terras.•