As Xornadas Xurídicas de Sarria cumplen dez anos

• Na xuntanza participaron expertos de primeiro nivel en aspectos tan actuais como a mediación, o dereito de familia ou a protección aos consumidores

Imaxe da intervención inaugural das X Xornadas Xurídicas de Sarria, celebradas o 30 de setembro e o 1 de outubro.  GPXG.
Imaxe da intervención inaugural das X Xornadas Xurídicas de Sarria, celebradas o 30 de setembro e o 1 de outubro.
GPXG.

• As Xornadas Xurídicas de Sarria “Román García Varela” veñen de cumprir dez anos ofrecendo un espazo de reflexións sobre cuestións vinculadas á prática do dereito nas súas diversas manifestacións. Baixo o título “Problemas xurídicos actuais”, a xuntanza sarriana celebrouse o venres 30 de setembro e sábado 1 de outubro, reunindo a prestixiosos profesionais para tratar aspectos como a xurisdicción voluntaria, máis coñecida como mediación, o dereito de familia, ou a protección aos menores e aos consumidores.
A inauguración contou coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez; o director das Xornadas Xurídicas, Román García-Varela Iglesias; e o coordinador e profesor, Carlos Lema Devesa.
Na súa intervención, o vicepresidente da Xunta lembrou a importancia da mediacióncomo alternativa ao proceso xudicial. Alfonso Rueda destacou que a Lei de Xurisdicción Voluntaria regula, entre outros moitos aspectos, o relativo á conciliación ou mediación, co obxectivo de acadar un acordo e evitar un preito. O vicepresidente destacou a “aposta decidida” que está a facer o Executivo autonómico neste sentido, especialmente en materia de mediación familiar intraxudicial, cun investimento superior ao millón de euros dende 2009. Rueda destacou os resultados que está a dar a experiencia, xa que en Galicia estase a incrementar as derivacións que realizan os xulgados aos equipos de mediación interfamiliar xudicial. Entre 2009 e 2015, deriváronse 1.500 asuntos, dos que preto do 20% remataron en acordo. •

SARRIA, CAPITAL XURÍDICA DE ESPAÑA
•O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, destacou a importancia das Xornadas Xurídicas de Sarria, “xa que ducias de prestixiosos profesionais do mundo xurídico danse cita nesta vila, convertendo por uns días a Sarria na capital xurídica de España”.
Campos Conde insistiu en que “estas xornadas ben merecen o apoio da Deputación”, que colabora con esta iniciativa dende a primeira edición cunha achega económica de 6.000 euros.
Ademais, o organismo provincial colabora tamén mediante a TIC, que deu soporte técnico e gravou as xornadas para a súa documentación e a difusión nas redes sociais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Oficina de Turismo de Sober recibiu unha media diaria de 20 persoas este verán

Seguinte Nova

O 24 de outubro comeza a campaña de vacinación contra a gripe

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: