Bóveda, entre os concellos beneficiados polas axudas da Xunta para mellorar os equipamentos culturais

A subvención da Xunta vai destinada a mellorar o Centro Sociocultural de Bóveda, punto de encontro e dinamización da veciñanza. Arquivo EC
A subvención da Xunta vai destinada a mellorar o Centro Sociocultural de Bóveda, punto de encontro e dinamización da veciñanza. Arquivo EC

• A Consellería de Cultura vén de conceder unha subvención, por importe de preto de 2.000 euros, ao Concello de Bóveda, dentro da liña de axudas da Xunta para a mellora dos equipamentos culturais dun total de 20 municipios lucenses. En concreto, a achega destinarase á mellora da seguridade e na accesibilidade do Centro Sociocultural. Esta instalación funciona ao longo de todo o ano, como punto de dinamización social, con actividade constante vinculada ao calendario, e dando espazo a iniciativas de veciños e asociacións. O Centro inclúe, entre outros servizos, a biblioteca, a ludoteca municipal, e o salón de actos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Actividades para todos na Programación de Outono de Quiroga

Seguinte Nova

Xornada de lecer e creatividade en Bóveda o sábado 15 de outubro

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: