Bóveda súmase ao colectivo «Lemos Le» no Día da Biblioteca

Por cuarto ano consecutivo, o colectivo Lemos Le celebra o 24 de outubro, Día da Biblioteca, cunha xuntanza de confraternidade para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación. O xantar terá lugar o sábado 22 de outubro na Casa Grande de Rosende. A Biblioteca Municipal de Bóveda súmase a este evento, como as de Sober, A Pobra do Brollón, e O Saviñao, así como a biblioteca escolar do  CEIP A Gándara, puntos nos que se poderá recoller a entrada para o xantar, cun prezo de 25 euros. Tamén se pode recoller o tique no propio restaurante, ata o 17 de outubro inclusive.
CERTAME MULLERES DE LEMOS
Durante o acto, farase entrega dos premios do “III Certame de Divulgación Mulleres de Lemos: Lola de Penelas, unha muller oleira”, e terá lugar a convocatoria oficial da súa cuarta edición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xornada de lecer e creatividade en Bóveda o sábado 15 de outubro

Seguinte Nova

Obras por valor de 127.900 euros para mellorar un tramo da estrada de Ferreira a Goián

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: