Brillo de metais no comezo do curso para os de Neka

•Un total de 19 medallas foi o resultado dos monfortinos no XVI Open Internacional de Ribeira de taekwondo

•Os de Neka afiánzanse na modalidade de combate, onde sumaron 5 medallas, 3 delas de ouro •En técnica, máis da metade dos participantes do Neka conseguiron metal, cun total de 12 podios

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O club Neka de Monforte está a iniciar o curso con nota. A primeira gran cita de competición, que se celebrou os días 8 e 9 de outubro en Ribeira, rematou cun brillante resultado de 19 medallas. O XVI Open Internacional de Ribeira de taekwondo foi un suma e segue para os monfortinos, que ofreceron un gran nivel tanto en combate como en técnica.
APOSTA FORTE EN COMBATE
En combate, os de Neka están a afianzarse con paso firme nos podios desta modalidade. Junior Martínez suma un novo ouro ao seu palmarés persoal, cun resultado que supón, según o adestrador do Neka, José Mª Vega, unha “boa pedra de toque” para a nova cita que vai afrontar en Segovia o día 15, no Campionato de España coa selección galega. Vega recoñece que hai “moitas esperanzas” depositadas neste deportista, que “conta os seus campionatos por vitorias”.
A xornada tamén foi de ouro para Pedro Luis Pérez, que subiu ao máis alto do podio de combate senior, cumprindo as expectativas que o clube tiña postas en el. Outro dos grandes éxitos da competición de combate foi o ouro de Lucía Roca, que arrasou no seu debut nesta disciplina, gañando os tres combates por diferencia de puntos. A xornada completouse cos dous bronces de Víctor Iglesias, que promete seguir escalando posicións, e de Elena Varela, que superou moi ben os cuartos pero caiu na semifinal diante da actual bronce europea.
Pola súa banda, Aitor Teijeiro rematou sen podio pero amosando gran valentía e boas maneiras en combate. O Neka foi bronce por equipos en combate absoluto.
SEGUEN OS ÉXITOS DO NEKA EN TÉCNICA
En técnica, os deportistas do Neka continúan coa liña de éxitos das pasadas tempadas, sumando en Ribeira un total de 12 medallas. Meritxell Varela confirmou o seu bo traballo cun ouro moi esperado, e o trío junior formado por Álex Camba, José Roca e Carlos Rey volveu demostrar o seu fantástico modus operandi cun ouro. Carla Pardo sumou unha medalla de ouro, lograda con gran concentración nunha difícil e moi ampla categoría. Lucía Roca fixo dobrete en Ribeira, ao sumar ao ouro de combate outro en técnica.
As pratas foron para Álex Camba, que está a amosar unha franca progresión cara o ouro; Daniel Areán, do que se espera sorpresas nas grandes competicións; e Aitor Teijeiro, xa “asiduo” dos podios, segundo precisa o adestrador do Neka, que augura gran continuidade no xove deportista.
Trouxeron cadanseu bronce Carlos Rey, que está a ofrecer unha gran progresión en cada campeonato, así como Marco García, que está a un “espectacular nivel”. As parellas tamén funcionaron a alto nivel, como o demostran os bronces de Iria de la Fuente e Gael Trujillo en cadete, debutando cun podio, e o de Alex Camba e Elena Varela, medalla que anticipa un ano de éxitos. Carlos Rey acadou un bronce “que puido ser máis”. O Neka rematou no terceiro posto por equipos na clasificación xeral.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Empresas e colectivos da provincia poden solicitar as axudas do Ben Empregado 3 ata o 19 de outubro

Seguinte Nova

O Concello coloca a marquesiña solicitada pola veciñanza do barrio do Casar

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: