Clases de xeoloxía por terras de Lemos e Ribeiras do Sil

• Alumnado de Bioloxía do IES A Pinguela participou nunha ruta científica dirixida polo xeólogo ourensán Eduardo G.Clavijo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A natureza concebida como unha gran aula foi o escenario dunha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía do IES A Pinguela, para o alumnado de Bacharelato que cursa dita asignatura. Na última semana de setembro, os escolares monfortinos saíron do centro para percorrer unha ruta científica por terras da comarca de Lemos e as ribeiras do río Sil. Durante a expedición, estiveron guiados polo xeólogo ourensán Eduardo G.Clavijo.
A primeira etapa desta viaxe científica tivo lugar no monte Marroxo, onde lembraron brevemente a historia do noso planeta e a orixe da vida. De seguido, coñeceron a formación xeolóxica da Fervenza do Cachón no río Vaos e a zona das Marmitas de Xigantes.
Unha vez no municipio de A Teixeira, o grupo puido estudar a formación coñecida como Ollo de Sapo, e analizar a súa singular tipoloxía de rocas.
Logo dun descanso na Fábrica da Luz, continuaron desenvolvendo o traballo de campo dende a pasarela do río Mao, observando as características do granito desta zona, tendo en conta a súa dureza e o que isto significa para a paisaxe e os asentamentos humanos nesta zona.
Por último, nas proximidades de Monforte, os estudantes puideron observar a estrutura das arxilas que integran o terreo do val de Lemos, así como detectar as fallas na súa configuración.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comeza o curso na Casa da Xuventude de Chantada

Seguinte Nova

Actividades para todos na Programación de Outono de Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss