O Edificio Sociocultural de Ferreira acolle dende este mes de outubro unha nova actividade para adultos. O Concello de Pantón ofrece este curso un obradoiro de iniciación á costura, que xa se impartiu o pasado ano. As sesións celebraranse os martes pola tarde, de 16,30 a 19,30 horas. As persoas interesadas poden anotarse no propio Edificio Sociocultural de Ferreira, no segundo andar, de luns a venres de 10 a 20 horas, e os sábados en horario de mañá.•





