•Esta iniciativa da Deputación retoma a actividade logo do parón do verán •Un total de 17 asociacións do sur de Lugo sumáronse a este programa deportivo, saudable e social

• O 13 de outubro dan comezo as actividades gratuítas do programa Movémonos, unha iniciativa da Deputación de Lugo na que participarán ata finais de ano un total de 1.300 persoas pertencentes a 82 asociacións e colectivos de toda a provincia.
PROMOVER A ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE EN CONCELLOS NOS QUE É DIFÍCIL ACCEDER A ESTE TIPO DE ACTIVIDADES
Segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, na presentación do programa, con estas actividades tratan de promover a actividade física moderada en colectivo de distinta índole, como maiores ou persoas con capacidades diferentes. Ademais, os destinatarios están asentados en concellos lucenses con limitacións ao acceso á prática deportiva e aos seus beneficios.

EXPERIENCIA DE APRENDIZAXE COLECTIVA
O método do programa Movémonos baséase no enfoque educativo do Construtivismo, que concibe a aprendizaxe como resultado dun proceso de construción persoal-colectiva dos novos coñecementos, a partir dos xa existentes e en cooperación cos compañeiros e os facilitadores. Neste sentido, o grupo humano resulta fundamental para facer efectiva a experiencia da aprendizaxe.

ACTIVIDADES VARIADAS E AXEITADAS AOS USUARIOS
O programa Móvemonos inclúe diversas actividades, guiadas por monitores profesionais, e pensadas para as necesidades concretas dos colectivos. Por unha banda, a opción multideporte permite iniciarse en diferentes disciplinas deportivas, co fin de poder escoller a que máis se axeite ás características dos usuarios.
Así mesmo, a ximnasia de mantemento, busca a conservación e mellora da condición física, traballando a tonificación e a coordinación xeral.
A actividade de acondicionamento físico e aeróbico permite estimular a actividade cardiovascular e respiratoria para conseguir, entre outros beneficios, incrementar o ritmo metabólico, eliminar graxa de reserva ou reducir a tensión.
Así mesmo, o pilates uni fica os conceptos da actividade física occidental e oriental, a través de exercicios dinámicos, control do movemento, fluidez e respiración.
O programa Movémonos tamén inclúe actividades para persoas con capacidades diferentes, ben realizando modificacións que adapten a prática ás características das persoas, ou ben recurrindo a deportes que respondan a estas características sen necesidade de facer adaptacións.
A programación inclúe tamén ximnasia rítmica, na que se combinan elementos do ballet, ximnasia e danza, e o uso de diversos aparellos no desenvolvemento dos exercicios.•