Máis investimentos da Deputación para servizos públicos nos concellos

•Sarria, Carballedo e Pantón serán algúns dos municipios beneficiados por estas partidas

Imaxe da sinatura dos convenios da Deputación de Lugo con sete concellos lucenses, entre eles Carballedo, o pasado 30 de setembro. GPDL
Imaxe da sinatura dos convenios da Deputación de Lugo con sete concellos lucenses, entre eles Carballedo, o pasado 30 de setembro. GPDL
• A Deputación de Lugo vén de aprobar novos investimentos para a mellora de servizos públicos nos concellos da provincia.
CONVENIOS POR 1 MILLÓN DE EUROS
A finais de setembro, o presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, asinaba con sete alcaldes convenios por un total de un millón de euros, para a dotación e mellora de servizos nos municipios de As Nogais, Carballedo, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Pol, Viveiro e Xermade. O titular provincial destacou que «este investimento enmárcase na nosa aposta pola mellora de servizos públicos municipais, especialmente en zonas rurais, e a máxima cooperación con 67 concellos da provincia». En concreto, o concello de Carballedo recibirá 99.387 euros para a construción dun campo de fútbol de herba artificial.
INVESTIMENTOS DE 3,2 MILLÓNS DE EUROS
Por outra banda, tamén a finais de setembro, o Pleno provincial aprobaba unha modificación de crédito de 3,2 millóns de euros, para novos investimentos nos concellos, e colaboración cos clubes deportivo Breogán e Lugo.
No sur de Lugo, o organismo provincial destinará a Pantón 60.000 euros para mellora de instalacións de suministro de auga potable, mentres que Láncara recibirá 150.000 euros para acondicionar os accesos en Vilarello, Armeá de Abaixo, Ronfe, Sobrerriba, Bustocedrón, Armada, Villouzan, Cabezais, Louseiro-Toldaos, e Monseiro, así como para a instalación de báscula de pesada. Sarria recibirá 208.000 euros para a construcción da Ponte Ribeira, o traslado e instalación de transformadores eléctricos para a piscina, e para a reestructuración da rede informática do Concello.
En relación aos últimos investimentos, a portavoz do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, destacou a aprobación desta modificación de crédito «grazas ao voto do PP, suplindo a acción dun Goberno en minoría, o que vai permitir que se executen obras en concellos da provincia, independentemente da cor política».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto o prazo para participar no programa Lugo Termal 2016

Seguinte Nova

Nova tempada nas Escolas Deportivas de Quiroga

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: