Nova tempada nas Escolas Deportivas de Quiroga

• Comezou este mes a nova tempada 2016-2017 nas Escolas Deportivas de Quiroga. Os adestramentos de fútbol sala desenvólvense de luns a venres nas diferentes categorías. A ximnasia rítmica ten a súa quenda os martes e xoves, e o taekwondo desenvólvese os luns, mércores e venres.
Pola súa banda, a Área de Deportes do Concello organiza a competición de fútbol sala feminino, con adestramentos os venres, e partido os sábados. Tamén organiza a competición de fútbol senior, que entrenan os martes e venres, e compiten ao longo da fin de semana.
Quiroga acolle outras actividades deportivas, en colaboración con diferentes asociacións. Así, ofértase a actividade de aerobic os luns e mércores, ás 20,00 horas no Pavillón Municipal, e a de pilates os martes e xoves ás 19,00 horas, no Centro Social.  As inscricións deberán realizarse nos horarios das clases.
A actividade de karate impártese no ximnasio da Casa da Cultura de Quiroga, os martes e xoves de 19,15 a 20,00 horas, a cargo de José Luis Puente Murias, cinturón negro 6º Dan de Karate-Do.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis investimentos da Deputación para servizos públicos nos concellos

Seguinte Nova

Máis equipamentos no Novo Chanto para a prática do baloncesto

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: