O 24 de outubro comeza a campaña de vacinación contra a gripe

• O obxectivo da campaña é diminuír o número de casos e a gravidade das complicacións derivadas da gripe • Os usuarios poden vacinarse ata o 23 de decembro

O director xeral de Saúde Pública en funcións, Andrés Paz-Ares, presentou a campaña de vacinación baixo o lema "Recorda, para a gripe temos vacina", o pasado 30 de setembro. GPCS.
O director xeral de Saúde Pública en funcións, Andrés Paz-Ares, presentou a campaña de vacinación baixo o lema «Recorda, para a gripe temos vacina», o pasado 30 de setembro. GPCS.
• Dende o 24 de outubro ata o 23 de decembro, estará operativa a campaña de vacinación contra a gripe, que pon en marcha cada ano por estas datas a Consellería de Sanidade. O departamento autonómico vén de adquirir 530.000 doses de vacinas antigripais cun orzamento total de 1.897.688 euros, investimento coordinado co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
SANIDADE INSISTE NA IMPORTANCIA DA VACINACIÓN PARA REDUCIR RISCOS NAS PERSOAS MAIORES
Este ano, a campaña insiste na importancia da prevención, que ten como ferramenta a vacina antigripal. Neste sentido, o director xeral de Saúde Pública en funcións, Andrés Paz-Ares, lembrou que a campaña se desenvolverá baixo o lema «Recorda, para a gripe temos vacina». «No pasado inverno máis de 1.700 galegos ingresaron na tempada de gripe, moitos en coidados intensivos, a maioría non vacinados», suliñou Paz-Ares. O responsable de Saúde Pública da Consellería apuntou que o principal obxectivo da campaña é minimizar o impacto da gripe entre a poboación, ao tempo que se busca diminuír o número e a gravidade das complicacións asociadas a esta patoloxía. Paz-Ares salientou que a vacina contra a gripe fai diminuír a frecuencia de complicacións secundarias, así como o risco de hospitalización e morte relacionadas coa gripe en persoas maiores, con ou sen condicións médicas de risco, e noutras persoas con patoloxías  previas.
SEGUE O PROGRAMA DE CHAMADAS ACTIVAS AOS CIDADÁNS, ESTE ANO DIRIXIDA Á POBOACIÓN ENTRE 65 E 74 ANOS
A campaña de vacinación contra a gripe inclúe unha serie de accións informativas para dar a coñecer á poboación a importancia de vacinarse para evitar os riscos asociados a esta enfermidade. Xunto aos carteis divulgativos nos propios centros de saúde e hospitalarios, segue en vigor o programa de promoción da vacinación na cidadanía a través de chamada activa, que este ano vai dirixida ao colectivo de entre 65 e 74 anos.
WEB ESPECÍFICA CON TODO O QUE HAI QUE SABER SOBRE A GRIPE E A VACINA
A campaña informativa complétase cunha web temática sobre a gripe, http://gripe.sergas.gal, na que se ofrece información xeral para a poboación, e datos técnicos e de xestión destinados aos profesionais sanitarios. Neste enlace, os cidadáns poden atopar información sobre os factores de risco para contraer unha  gripe complicada, como previr o contaxio, e resolver todas as dúbidas sobre a vacina antigripal.
GRUPOS DE RISCO
Os interesados en vacinarse deben poñerse en contacto co seu centro de vacinación, onde lle informarán de como e onde solicitar a cita. A poboación á que vai dirixida a campaña inclúe ás persoas de 60 ou máis anos, persoas menores de esa idade pertencentes aos grupos de risco por padecer patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais ou endocrinas, entre outras; persoas con cancro ou outras inmunodeficiencias; persoas con obesidade mórbida; e persoas con disfunción cognitiva, entre outros colectivos. A campaña tamén vai dirixida a persoas con posibilidade de transmisión a grupos de risco, como o persoal sanitario, e traballadores esenciais para a comunidade.•
A vacina contra a gripe estará dispoñible nos 900 puntos de vacinación de Galicia dende o 24 de outubro ata o 23 de decembro. Arquivo EC
A vacina contra a gripe estará dispoñible nos 900 puntos de vacinación de Galicia dende o 24 de outubro ata o 23 de decembro. Arquivo EC

A CAMPAÑA, EN CIFRAS

• 530.000 doses dispoñibles (290.000 de vacina convencional, e 240.000 de intradérmica utilizada nos pacientes ingresados en residencias da terceira idade e nos maiores de 75 anos)
• Preto de 900 puntos de vacinación en Galicia: centros de saúde e consultorios; centros hospitalarios públicos; hospitais, centros médicos e consultas privados; residencias e centros para a terceira idade, públicos e privados; unidades asistenciais de drogodependencias; centros penitenciarios; e centros de atención a discapacitados.
• O obxectivo é vacinar ao 65% da poboación de máis de 65 anos, e ao 65% do persoal sanitario.

Medra o número de vacinacións

• Segundo os datos da Consellería de Sanidade, a campaña do ano pasado sumou 22.000 vacinacións máis que no ano anterior, ata sumar 485.593 doses antigripais suministradas.
AUMENTO EN LUGO
Esta acción preventiva consolídase entre a poboación de máis de 65 anos, xa que se vacinaron o 54,06% deste grupo de idade. A porcentaxe medra nos maiores de 75 anos, que se achegan ao obxectivo do 65% de vacinados, porcentaxe que se supera nas provincias de Lugo e Ourense. Neste sentido, dende o Sergas destacaron a importancia da actividade proactiva entre as persoas de 65 e 70 anos, xa que das 3.028 chamadas realizadas a cidadáns deste grupo de idade, o 91% tivo éxito e as persoas foron a vacinarse.
Os datos de Sanidade tamén falan dun aumento no número de doses administradas no grupo de 60 a 65 anos, cunha cobertura do 21,37%, co que se supera en máis dun punto á campaña de 2014.
Entre o persoal sanitario tamén medrou a vacinación. En Atención Primaria, a porcentaxe subiu do 25,27% en 2014 ao 33,87% do 2015, coa particularidade de queu se acadou o obxectivo entre o persoal de enfermaría de Primaria. En Atención Hospitalaria, a cobertura sube máis de 4 puntos, situándose no 19,34 % dos profesionais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As Xornadas Xurídicas de Sarria cumplen dez anos

Seguinte Nova

O esbozo da Guía de Cor e Materiais de Galicia estará listo en novembro

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: