• Ata o 28 de outubro está aberto o prazo de solicitude das axudas que o Concello de Monforte outorga para o transporte público de alumnos de ciclos formativos, Bacharelato e estudos universitarios que precisen desprazarse fóra de Monforte para realizar os estudos correspondentes ao curso 2016-2017. A Xunta de Goberno do Concello aprobou a finais de setembro as bases que regulan as axudas, para as que se destina unha partida de 9.000 euros.
Dentro dos estudos que dan dereito a solicitar estas axudas, están todos os graos impartidos nas tres Universidades de Galicia, así como as modalidades de Bacharelato e os ciclos medios ou superiores de Formación Profesional que non se impartan en Monforte.Ademais, os solicitantes deberán estar empadroados en Monforte.
A documentación que deberá presentarse inclúe fotocopia do certificado do padrón, e fotocopia da matrícula nos estudios para os que o alumno debe realizar o desprazamento financiable.

“ALIVIAR UN POUCO” A ECONOMÍA DAS FAMILIAS QUE TEÑEN UN FILLO ESTUDANDO FÓRA
O alcalde de Monforte, José Tomé, destacou que “con estes cartos, o Goberno local quere axudar ás familias de Monforte que están atravesando unha situación económica máis delicada”. O rexedor local recoñeceu que “ter un fillo estudando fóra implica un gasto elevado”, polo que “con esta aportación polo menos conseguimos aliviar un pouco a economía dos pais”.
As bases de convocatoria das axudas teñen en conta a renda per cápita anual da familia do solicitante, e que non deberá ser superior aos 9.000 euros. Tamén se terá en conta a situación laboral dos proxenitores do estudante, polo que se priorizará aos fillos de pais desempregados que non reciban prestación.
As bases da convocatoria das axudas poden consultarse en www.monfortedelemos.es. •